
Sen dúbida, hai uns cantos libros que merecen ser visitados se tes certo interese pola narrativa nos tempos que corren.
Un dos máis sorprendentes e concretos a modo de introdución á temática da narrativa, e tamén da narrativa audiovisual, por suposto, é a Poética, de Aristóteles. Outra Biblia, neste caso do Guión e da narrativa audiovisual é o completísimo El Guión, de Robert Mckee, que ben aderezados ca lectura do inquedante e lacaniano libro de Slavoj Zizek, Lacrimae Rerum, unha publicación moi interesante para os amantes do cinema e da filosofía, pode abrir algunhas portas de interese nestes temas. Impactante, e se tes preto o libro de Propp, Morfología del cuento, pois mellor que mellor.
Outras obras, como os manuais de Linda Seger ou as publicacións de Syd Field e Chion, poden engadir se non máis profundida, seguro que outra visión do tema.
Obras, moitas, de orixe anglosaxona. E todas, unhas e outras, recomendables.
PABLO PORTERO
No hay comentarios:
Publicar un comentario