martes, 5 de enero de 2010

Bibliografía



Sen dúbida, hai uns cantos libros que merecen ser visitados se tes certo interese pola narrativa nos tempos que corren.
Un dos máis sorprendentes e concretos a modo de introdución á temática da narrativa, e tamén da narrativa audiovisual, por suposto, é a Poética, de Aristóteles. Outra Biblia, neste caso do Guión e da narrativa audiovisual é o completísimo El Guión, de Robert Mckee, que ben aderezados ca lectura do inquedante e lacaniano libro de Slavoj Zizek, Lacrimae Rerum, unha publicación moi interesante para os amantes do cinema e da filosofía, pode abrir algunhas portas de interese nestes temas. Impactante, e se tes preto o libro de Propp, Morfología del cuento, pois mellor que mellor.

Outras obras, como os manuais de Linda Seger ou as publicacións de Syd Field e Chion, poden engadir se non máis profundida, seguro que outra visión do tema.
Obras, moitas, de orixe anglosaxona. E todas, unhas e outras, recomendables.

PABLO PORTERO

viernes, 1 de enero de 2010

Story



Story
Guión e narrativa audiovisual

O primeiro libro arredor do guión que se publica en galego, dun autor galego?
Sí, é posible, pero á marxe das efemérides, Story preséntase como unha historia arredor do guión e da narrativa audiovisual con espacio para a didáctica, para o documental e para a ficción, para o escritor e para o cineasta. Un percorrido polos planos,as escenas, e secuencias, onde adentrámonos noutras labouras menos coñecidas dos guionistas, como poden ser a de análise de guión, ou a de confección de diálogos.


Personaxes, tempo, espacio, tramas, conflictos, e xéneros, nun traballo onde a escrita de imaxes é obxeto de estudio e reflexión, que sairá ás rúas nos primeiros meses de 2010, publicado pola editorial noiesa Toxosoutos.

Máis aló do manual técnico, Story, guión e narrativa audiovisual, é un libro aberto a todas aquelas personas afeccionadas á literatura, ó cine, á televisión, ó teatro... Un volume que aparecerá publicado xunto cun pequeno caderno a modo de unidade didáctica, como complemento práctico dun libro
acompañado de un cuaderno a modo de unidad didáctica, como complemento práctico dun libro pioneiro.

Story
Pablo Portero
Editorial: Toxosoutos